As nosas testemuñas
Cando comecei a sentir ansiedade antes dos exames pensaba que era normal. Pero cada vez ía a máis. Falar coa orientadora e usar algunhas técnicas de respiración axudoume moito. Agora síntome máis segura e xa non enfrento todo soa.
Non durmía ben e estaba sempre de mal humor. Un amigo contoume sobre esta páxina e probei os exercicios de relaxación. Non o solucionou todo, pero notei mellora e tamén me atrevin a pedir axuda profesional.
Durante meses sentinme moi desmotivada e pecheime en min mesma. Un día decidín falar coa miña irmá e buscou comigo recursos para empezar a mellorar. Pequenos cambios na rutina fixeron unha gran diferencia.
Cando o necesites

Paso 1
Recoñecer as emocións. Sinto ansiedade, tristeza ou bloqueo… e é válido.

Paso 2
Identificar a necesidade. Necesito falar con alguén e entender o que me pasa.

Paso 3
Buscar axuda profesional. Psicólogo/a, orientador/a escolar, médico…

Paso 4
Mantelo no tempo. A pedir axuda non se chega nun só día. É un proceso.