FERRAMENTAS
Nesta sección atoparás recursos pensados para acompañarte no coidado da túa saúde mental. Aquí podes realizar tests, localizar centros de saúde próximos e acceder a ferramentas que iremos ampliando co tempo.
O obxectivo é ofrecerche orientación clara, apoio inmediato e un espazo seguro no que explorar como te sintes
Atopa de forma rápida hospitais, clínicas e puntos de atención próximos a ti. Só tes que permitir a ubicación, e o mapa mostrará os recursos dispoñibles na túa contorna para que poidas recibir axuda cando a necesites.
Nosos tests
⚠️Aviso importante:
Os resultados deste test son unha estimación orientativa baseada en algoritmos e respostas autodeclaradas. Non constitúen un diagnóstico clínico nin substitúen a valoración dun profesional da saúde mental.
Se experimentas malestar, síntomas persistentes ou dúbidas sobre o teu estado emocional, recomendamos acudir a un/ha psicólogo/a ou profesional cualificado para recibir unha avaliación personalizada e un acompañamento adecuado.
Descubre como te atopas a nivel emocional nestes momentos.
Este test axúdache a identificar o teu estado xeral, o nivel de equilibrio e o impacto das túas emocións no día a día.
Explora a relación que mantés contigo mesmo/a.
A través deste test poderás avaliar a túa confianza persoal, a autovaloración e a forma na que te ves a ti mesmo/a.
A calidade do descanso é esencial para o benestar.
Con este test poderás comprender mellor os teus hábitos de sono e identificar posibles melloras para descansar mellor.
Coñece o teu nivel actual de ansiedade e como pode estar afectando á túa vida.
Este test permíteche detectar sinais de tensión, alerta constante ou preocupación excesiva.