CONDICIÓNS DE USO – TEU ESPAZO SEGURO
1. IDENTIFICACIÓN
Titular: Asociación Teu Espazo Seguro
Domicilio social: Facultade de Comunicación, Campus A Xunqueira, 36005 – Pontevedra
CIF: G98374521
Teléfono: 986 124 578
E-mail: contacto@teuespazoseguro.org
Datos Rexistrais: Rexistro Nacional de Asociacións, Sección 1ª, Número Nacional 782945
2. OBXECTO
O obxectivo deste documento é informar ás persoas usuarias e visitantes desta web sobre os seus dereitos e obrigas dende o momento en que acceden á plataforma.
Aquí atoparán información referente aos dereitos, limitacións e responsabilidades que implica o uso desta páxina, así como cuestións relacionadas cos contidos, logotipos e marcas presentes nela.
O uso desta web implica a aceptación expresa das presentes condicións de uso e da política de privacidade, así como das modificacións ou novos textos legais que se poidan incorporar no futuro.
Se non estás de acordo con algunha das condicións, podes darte de baixa do servizo en calquera momento enviando un correo a contacto@teuespazoseguro.org, ou simplemente deixando de utilizar este sitio web.
Considérase usuaria calquera persoa que acceda á web e acepte as condicións de uso e a política de privacidade, sen necesidade de rexistro.
3. ACCESO, NAVEGACIÓN E SEGURIDADE
Teu Espazo Seguro poderá modificar as condicións de acceso ao servizo, aplicándose estas modificacións só unha vez publicadas na plataforma.
Non se garante un acceso permanente e libre de erros, nin que o contido ou software dispoñible na plataforma estea libre de fallos ou poida causar danos. Teu Espazo Seguro non será responsable de perdas, danos ou prexuízos derivados do acceso ou uso da web, incluíndo os que afecten a sistemas informáticos ou sexan causados pola presenza de virus.
Tampouco é responsable dos danos ocasionados por un uso incorrecto da plataforma, especialmente derivados de caídas, interrupcións ou fallos nas telecomunicacións durante operacións que poidan ser sensibles.
RESPONSABILIDADES
Teu Espazo Seguro comprométese a que o servizo funcione correctamente. Con todo, poden producirse situacións que deriven en responsabilidades, especialmente por accións de terceiros malintencionados ou causas de forza maior.
A continuación indícanse os casos nos que Teu Espazo Seguro non será responsable, e nos que a responsabilidade recaerá nas persoas usuarias:
– Publicación de información non aloxada pola entidade ou incorporada por terceiros sen autorización.
– Falta de operatividade da web por causas técnicas alleas ou imprevisibles.
– Difusión de materiais ofensivos, discriminatorios ou contrarios á legalidade por parte das persoas usuarias.
– Comentarios ou opinións publicados por terceiros, que nunca representan a opinión de Teu Espazo Seguro.
– Introdución de virus ou código malicioso por parte das persoas usuarias que cause danos a terceiros.
Se detectas contidos ofensivos ou contrarios á normativa, podes comunicalo a contacto@teuespazoseguro.org, comprometémonos a revisar e, se procede, retirar o contido canto antes.
4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
4.1. Licenza sobre os nosos contidos
A navegación pola web non implica a cesión de dereitos de explotación dos contidos, salvo o necesario para a súa visualización.
Os logotipos, marcas e elementos distintivos presentes son propiedade de Teu Espazo Seguro ou de terceiros que autorizaron o seu uso.
Autorízase ás persoas usuarias unha licenza non exclusiva, intransferible, revogable e de uso persoal e non comercial sobre os contidos da web.
A estes contidos aplícaselles a licenza Creative Commons correspondente:
Recoñecemento (BY)
Non comercial (NC)
Sen obras derivadas (ND)
Compartir igual (SA)
(Adaptarase en función da licenza escollida pola entidade.)
4.2. Contidos de terceiros
As persoas usuarias poden enviar artigos, comentarios ou contidos. Para iso, deben comunicarllo previamente a contacto@teuespazoseguro.org.
O autor ou autora cede gratuitamente os dereitos necesarios para editar, publicar e reutilizar o contido, sen limitación temporal ou territorial.
4.3. Exclusión de responsabilidade
Teu Espazo Seguro garante que os contidos propios respectan a normativa vixente. Os contidos de terceiros só se publicarán tras verificar que contan cos dereitos correspondentes.
A entidade non se fai responsable dos contidos, opinións ou valoracións realizados por terceiros nin dos sitios web enlazados.
4.4. Notificacións
Para notificar contidos ilegais ou prexudiciais, podes contactar a través de contacto@teuespazoseguro.org.
5. CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
5.1. Ficheiro
Os datos persoais facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro titularidade de Teu Espazo Seguro, cumprindo coa Lei Orgánica 3/2018 e o Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD).
Poderás revogar o consentimento en calquera momento.
5.2. Tratamento
Os datos serán utilizados para atender solicitudes das persoas usuarias, ofrecer información e realizar análises estatísticas. Todos os datos obrigatorios deberán ser cubertos para prestar correctamente o servizo.
5.3. Recollida
En cada visita recóllese información técnica como IP, navegador ou sistema operativo. Se facilitas datos persoais, asociaranse a esta información para mellorar o servizo e segmentar perfís.
5.4. Dereitos
Poderás exercer os seguintes dereitos:
– Acceso
– Rectificación
– Supresión
– Limitación
– Oposición
– Portabilidade
Enviando un correo a contacto@teuespazoseguro.org.
5.5. Conservación
Os datos conservaranse polo tempo necesario segundo a finalidade, aplicándose os prazos legais correspondentes.
5.6. Seguridade
O acceso e uso da web realízase baixo responsabilidade da persoa usuaria. Comprométeste a facer un uso adecuado da plataforma e a respectar os dereitos de terceiros.
5.7. Cookies
O uso da web con cookies activadas implica a aceptación da súa utilización. Poden desactivarse no navegador.
Descríbense as cookies:
– Técnicas
– De personalización
– Analíticas
– Publicitarias
– De compartición social
Información sobre como borrarlas pode atoparse nas seccións de axuda dos principais navegadores.
6. MODIFICACIÓNS DAS CONDICIÓNS DE USO
Teu Espazo Seguro poderá modificar, actualizar ou eliminar contidos e condicións sen previo aviso, entrando en vigor no momento da súa publicación.
7. RESOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS
Para calquera cuestión legal relacionada con esta web aplicarase a lexislación española. Os conflitos resolveranse nos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.
Para reclamacións, podes dirixirte á dirección física indicada ou solicitar unha resolución amigable en primeira instancia.