Os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) son enfermidades graves que afectan o comportamento alimentario, a saúde física e o benestar emocional. Entre os máis frecuentes están a anorexia nerviosa, a bulimia nerviosa e o trastorno por atracón.
Estes trastornos poden afectar a calquera persoa, independentemente de idade, xénero ou contexto social, e adoitan estar relacionados con factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais.
É fundamental saber identificar sinais cedo e buscar apoio profesional, xa que o tratamento precoz mellora considerablemente a recuperación nun tca.
Tipos DE TCA e sinais

Anorexia nerviosa
- Restrición severa da alimentación e perda de peso significativa
- Medo intenso a aumentar de peso ou gañar graxa corporal
- Autoavaliación influenciada pola imaxe corporal
- Sinais físicas: fatiga, caída de cabelo, uñas fráxiles, hipotermia
Bulimia nerviosa
- Episodios recorrentes de atracón seguidos de condutas compensatorias (vómitos, laxantes, exercicio excesivo)
- Sentimentos de culpa e baixa autoestima
- Cambios bruscos de peso, inflamación abdominal, dentes sensibles polos vómitos frecuentes
Trastorno por atracón
- Episodios de comer grandes cantidades de comida sen control, sen condutas compensatorias regulares
- Ansiedade, vergonza ou culpa tras os atracóns
- Posibles consecuencias físicas: aumento de peso, problemas dixestivos, tensión arterial elevada
Trastorno de evitación/restrición da inxesta de alimentos (ARFID)
- Evita certos alimentos por textura, olor, cor ou experiencias pasadas
- Non hai preocupación pola imaxe corporal, pero pode levar a carencias nutricionais
- Común en nenos e adolescentes, pero tamén en adultos
Pica
- Inxesta persistente de substancias non alimentarias (papel, terra, xeo, etc.) durante máis dun mes
- Pode provocar intoxicacións, carencias nutricionais ou problemas gastrointestinais
- Afecta máis a nenos, persoas con discapacidade intelectual ou trastornos psiquiátricos
Trastorno de rumiación
- Rexuicio repetitivo e voluntario de alimentos previamente consumidos
- Non está asociado con atracóns ou condutas compensatorias
- Pode provocar deshidratación, perda de peso ou problemas dentais
Ortorexia nerviosa
- Obsesión por comer só alimentos “puros” ou “saudables”
- Restrición excesiva que pode derivar en malnutrición e ansiedade
- Non está oficialmente recoñecida en todos os manuais clínicos, pero é cada vez máis frecuente
Causas e factores de risco
Os TCA son multifactoriais, e entender os factores que os provocan ou favorecen é esencial para a prevención e intervención. Pódense clasificar en catro grandes grupos:
Biolóxicos
- Predisposición xenética: Estudos demostraron que os TCA teñen un compoñente hereditario; se un familiar próximo tivo anorexia ou bulimia, o risco aumenta.
- Alteracións neuroquímicas: Desequilibrios de serotonina, dopamina e outras substancias poden influír na regulación do apetito e do estado de ánimo.
- Cambios hormonais: Durante a adolescencia, a puberdade ou o embarazo, os cambios hormonais poden disparar inseguridades e obsesións co peso.
Psicolóxicos
- Perfeccionismo: A presión interna por ser “perfecto” ou “controlado” pode favorecer a obsesión pola alimentación e a figura corporal.
- Ansiedade e depresión: As emocións negativas non xestionadas poden derivar en TCA como mecanismo de control ou escape.
- Traumas ou abuso emocional: Experiencias traumáticas poden prexudicar a relación coa comida e coa imaxe corporal.
Sociais
- Presións familiares: Expectativas elevadas, críticas constantes sobre a aparencia ou comparacións entre irmáns.
- Estereotipos de beleza: A sociedade e os medios adoitan idealizar corpos extremadamente delgados ou musculados.
- Influencias das redes sociais: Instagram, TikTok e outras plataformas poden fomentar comparacións constantes e inseguridade corporal.
Ambientais
- Dietas extremas e restritivas: Comezar dietas moi restritivas pode desencadear anorexia ou bulimia.
- Entornos competitivos: Deportes de alto rendemento ou actividades onde a imaxe corporal está hipervalorada.
- Eventos de vida estresantes: Mudanzas, separacións familiares, problemas escolares ou laborais poden actuar como desencadeantes.
Estratexias de prevención e autocuidado
A prevención e o autocuidado non son só hábitos alimentarios, senón un enfoque integral da saúde física, mental e social.

Educación alimentaria
- Aprende sobre nutrición equilibrada e evita dietas extremas.
- Fomenta unha relación saudable coa comida, sen etiquetar alimentos como “bo” ou “malo”.
- Consulta con profesionais de nutrición se necesitas orientación.
Autoestima e habilidades emocionais
- Practica a autocompasión: recoñece os teus logros e acepta os erros sen xulgamento.
- Desenvolve habilidades de afrontamento para xestionar ansiedade, estrés ou presión social.
- Meditación, mindfulness e respiración consciente poden axudar a manter equilibrio emocional.
Actividade física equilibrada
- Realiza exercicio para sentir benestar, non para castigo ou control do peso.
- Alterna entre exercicios aeróbicos, forza e relaxación (yoga, pilates).
- Establece rutinas que sexan divertidas e motivadoras.
Redes de apoio
- Mantén relacións saudables con familia e amigos.
- Participa en grupos de apoio ou talleres sobre imaxe corporal positiva.
Limitar exposición negativa
- Evita contidos en redes sociais que idealicen corpos pouco realistas.
- Selecciona fontes fiables de información sobre nutrición e saúde mental.
Cando buscar axuda profesional
Saber cando e onde buscar axuda é crucial para o tratamento precoz e a recuperación.
Sinais de alarma
- Cambios significativos no peso ou hábitos alimentarios.
- Episodios frecuentes de atracón, vómitos ou uso de laxantes.
- Ansiedade ou obsesión pola comida, calórico ou figura corporal.
- Interferencia coa vida diaria: estudos, traballo, amizades ou familia.
- Problemas físicos asociados: deshidratación, fatiga, mareos, problemas dixestivos ou cardíacos.
Tipos de axuda profesional
- Psicólogos/as especializados/as en TCA: Terapia cognitivo-conductual, terapia familiar ou grupal.
- Dietistas e nutricionistas clínicos/as: Plans alimentarios seguros e personalizados.
- Médicos/as: Seguimento da saúde física, tratamento de complicacións médicas.
Recursos e liñas de apoio
- Directorio de profesionais:
- Líneas de atención e emerxencias:
- Grupos de apoio online e presenciais: permiten compartir experiencias e sentir apoio sen xulgamento.